A TERRA DO PRESTE XOÁN

Blogue do Departamento de Xeografía e Historia do CPI Julia Becerra Malvar (Ribadumia)

O por que do título

Filed under: Sen clasificar — 19 novembro 2007 @ 4:18 pm

Na Europa da Idade Media, que tiña moi pouco coñecemento da xeografía do noso planeta, críase que nalgún lugar remoto de Asia ou África existía un reino cristián inmesamente rico, o reino do Preste Xoán, aillado entre reinos doutras relixións que o asediaban constantemente.

Se queres saber máis interesarache esta dirección da wikipedia: http://es.wikipedia.org/wiki/Preste_Juan

 O que hai de lenda no reino do Preste Xoán non o sabemos ben (parece ser que efectivamente existíu polo século XII ou XIII un reino cristián en Asia Central); sexa como fose, o reino do Preste Xoán é unha boa metáfora para algo misterioso, sobre o que ninguén se pon de acordo e que, en calquera caso, garda algo que é dun altísimo valor, como a historia.O preste Xoán no seu trono

2 Comments »

  1. lucía:

    Título interesante e orixinal. Ata ler o voso blog descoñecía a existencia do reino do preste Xoán.Ánimo! seguide traballando e escribindo cousas interesantes que nos fagas descubrir novos “misterios”.

  2. preste:

    Menos mal que a alguén lle parece interesante o título. En fin, aquí seguiremos facendo este interesantísimo traballo social consistente en aclarar novos misterios.

RSS feed for comments on this post. TrackBack URI

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

(required)

(required)