A canción da semana: GLORIFIED G
Pretendemos poñer neste blog todas as semanas polo menos unha canción que teña algún contido referente á historia. Aceptamos SUXERENCIAS!
Esta primeira semana toca “Glorified G”, dos estadounidenses Pearl Jam. Este grupo formouse a principios dos 90 e ten unha liña política moi comprometida: apoian numerosos actos do Partido Demócrata, como por exemplo os que se convocaron contra a guerra do Iraque. Nesa liña pacifista está “Glorified G”. Se a queres ver tocar en directo:
http://www.youtube.com/watch?v=BkqaSd0O8Pc
Como sabes, EEUU é un país onde é moi doado conseguir licencia de armas. É un dos países do mundo con máis armas por persoa e a xente exhíbeas con orgullo. En boa lóxica EEUU é tamén un dos países con máis mortos e feridos por ataques con arma de fogo. A letra de “Glorified G” (Louvada G) é moi crítica con esta situación:
Got a gun, fact I got two (Teño unha pistola, ben, teño dúas)
That’s O.K. man, cuz I love god (Isto está ben, tío, porque amo a Deus)
Glorified version of a pellet gun (A louvada versión dunha pistola)
Feels so manly, when armed (Síntese tan home cando está armado)
Kindred to be an american… (Encantado de ser americano)
Double think, dumb is strength (Dobre moral, a forza está no parvo)
Never shot at a living thing (Nunca disparei a un ser vivo)
Glorified version of a pellet gun (A louvada versión dunha pistola)
Feels so manly, when armed (Síntome tan home cando estou armado)
Life comes…I can feel your heart… (A vida vén… Podo sentir o teu corazón)
Ooh…life comes…I can feel your heart through your neck… (A vida vén… Podo sentirche o corazón no pescozo)
Like some…I can steal your heart form your neck… (Como se… Poidese roubarche o corazón do pescozo)
6 Comments »
RSS feed for comments on this post. TrackBack URI
Leave a comment
Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>
novembro 22nd, 2007 @ 10:12 am
Que bonita sección esta. xa que estamos habería que falar do Living with war de neil Young, ou é demasiado explícito
novembro 22nd, 2007 @ 10:25 am
Prometo estudar o tema do Living with war, aínda que xa sabes que a min Neil Young non me entra… Todo sexa por unha homenaxe ao maese.
novembro 22nd, 2007 @ 4:02 pm
Que, los Smiths no tienen tema historico?
Una sugerencia, algo heavy demas pa ti xD,
Caballo de troya ,de tierra santa, heavy español empalagosin pero muy ilustrativa en el tema.
novembro 23rd, 2007 @ 10:18 am
Querido enjuto:
Non, non atopo un tema dos Smiths que poida servir, mais ben adícanse a cousas sentimentais…
En canto a Tierra Santa… Xa sabes que o heavy (español, aínda por riba) non é a miña especialidade. Postea, postea, corazón!
novembro 24th, 2007 @ 9:57 pm
Cuanto cultureta frustado, tanta musica de pinzaos… Aqui les dejo algo para sus tiernos puberes, que con Pearl Jam aun eran non-natos.
Bisbal y la canción protesta “Soldados de Papel”
http://es.youtube.com/watch?v=P-rIM-5Xmsc
novembro 26th, 2007 @ 12:04 pm
Querida Chenoa:
Que ben che ía cando estabas con Bisbal. Agora es unha vulgar cantautora.
Que saibas que xa pensei en Soldados de Papel, unha preciosa canción sobre os nenos soldado en África que canta o teu ex-mozo acompañado dos seus loiros rizos. De feito, será o cuarto post, unha vez remate con Living with war e Caballo de Troya.