A canción da semana: LIVING WITH WAR
Atendendo ás peticións dos visitantes e seguindo co tema pacifista, a canción desta semana é Living with war, dun vello rockeiro canadiano que vive de sempre nos EEUU: Neil Young. O vídeo, montado como se fose un telexornal con imaxes reais da guerra do Iraque, Vietnam e a II Guerra Mundial, pódese ver en:
http://www.youtube.com/watch?v=kjkPracnH1o
Neil Young é outro deses músicos norteamericanos que denuncia constantemente as guerras do seu país no estranxeiro. Living with war quere facer oír a voz dos moitos estadounidenses que se manifestan contra a presenza de soldados deste país en Iraque. Mirade a letra:
I’m living with war everyday (Vivo coa guerra día a día)
I’m living with war in my heart everyday (Vivo coa guerra no meu corazón día a día)
I’m living with war right now (Estou vivindo coa guerra agora)
And when the dawn breaks I see my fellow man (E cando nace o día vexo ao meu amigo)
And on the flat-screen we kill and we’re killed again (E na tele matamos e mátannos unha e outra vez)
And when the night falls, I pray for peace (E cando cae a noite, rezo pola paz)
Try to remember peace (Tenta lembrarte da paz)
I join the multitudes (Únome ás multitudes)
I raise my hand in peace (Ergo a miña man pola paz)
I never bow to the laws of the thought police (Nunca me rendo ás leis da policía do pensamento)
I take a holy vow (Fago un xuramento: )
To never kill again (Non matar nunca máis)
Don’t take no tidal wave (Non fai falta unha onda enorme)
Don’t take no mass grave (Non fai falta unha fosa común)
Don’t take no smokin’ gun (Non fai falta unha pistola)
To show how the west was won (Para amosarnos como se conquistou o Oeste)
But when the curtain falls, I pray for peace (Mais cando cae o pano, prego pola paz)
In the crowded streets (Nas rúas ateigadas de xente)
In the big hotels (Nos grandes hoteis)
In the mosques and the doors of the old museum (Nas mesquitas e nas portas do vello museo)
The rocket’s red glare (O brillo vermello dos foguetes)
Bombs bursting in air (As bombas estourando no aire)
Give proof through the night, (Dan proba na noite)
That Our flag is still there (De que a nosa bandeira está aínda alí)
No vídeo vai pasando o número total de soldados mortos en Iraque entre 2004 e 2006: case 3000, case nada… Mais non se fala nada dos soldados doutros países, ou dos soldados iraquís, e sobre todo, dos civís: non se sabe con seguridade, mais algunhas fontes falan de máis de cincuenta mil iraquís mortos nos catro anos de conflito. Coma sempre, parece que só importan os mortos dun lado!
7 Comments »
RSS feed for comments on this post. TrackBack URI
Leave a comment
Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>
abril 4th, 2008 @ 1:01 pm
hai que friquiiiiii
abril 4th, 2008 @ 1:40 pm
E quen non o é un pouco, nesta sociedade onde todos queremos ter un estilo propio, diferente dos demais?
maio 24th, 2008 @ 12:45 am
mestre,devido a tua perseverancia e perfecto intento por facer que vexamos o teu maravilloso e traballado blog dispoñome a comentar certas cousas das cales espero ter resposta.
antes d nada darche a noraboa polo teu traballo no blog, sen duda cada unha das lineas escritas esconden horas d traballo!
os meus parabens…!
por certo,non m perdo nin unha liña do q se escribe nel! de verdade!
podria seguir comentando mais cousas pero prefiro ir deixando pequenos comentarios co meu pseudonimo, descubriras quen son, e as de sorprenderte!
por ultimo podrias incluir un apartado de foro para deixar comentarios en xeral, xa q m resulta complicado decidirme donde colocar un comentario para q non parezca desafortunado.
un saudo!!!!!!
maio 26th, 2008 @ 10:06 am
Querido Mister T:
Moitas grazas polas cousas bonitas. Faime moita moita ilusión que o mesmísimo M.A. Baracus se digne a pasar por este humildísimo blogue.
O do foro non sei se poderá ser. Investigarei a ver se hai algunha aplicación que o permita. En calquera caso, a participación é sempre benvida, así que ti comenta, comenta…
Espero que che siga gustando o blogue e que aínda que esteas perseguido polas tropas federais por causa de crimes que nunca cometiches, teñas sempre un momento para desfrutar del.
Moitos saúdos
maio 30th, 2008 @ 10:04 pm
jajajaja!
inxeniosa contestación,preste. pois o meu alcume saqueino, como ben dis, de M.A. do equipo A. atopachelle a similitude coa miña situación persoal de maneira asombrosa para min. e é certo, estou perseguido polas forzas militares convertidos en persoas que quizais esperen moito de min en un certo sentido fora das leis, de ahi que teña que usar alcume (fixo que sabes quen son, tes que sabelo). por certo, encantame a elección da cancion desta semana… sinxelamente unha birgueria de canción, e unha das miñas favoritas…aconselloche que veñas o concerto de scorpions coa orquesta filarmonica de berlin, temas como rock you like a hurricane, moment of glory ou o mesmo winds of change entre outras mesturadas coa musica clasica fan unha mestura perfecta.
perdoa por se che parecen sosos e aburridos os comentarios. e repito que es un crak porque facer o traballo do blog de forma gratuita… en fin…di a clase de persoa que es! un saudo!!!!!
xuño 2nd, 2008 @ 3:26 pm
Querido Mr. T:
Como me van parecer sosos os comentarios dunha persoa que, a pesares de ter que escapar do FBI, coñece tan ben a discografía dos Scorpions!
A túa identidade, por certo, éme totalmente descoñecida. Porén, espero que coa entrada que estou preparando teñas un momento de debilidade
xuño 6th, 2008 @ 3:00 pm
jejeje querido preste…
nin a mesma fbi logrou dar comigo, que che fai pensar que as de logralo ti? jejeje por certo non teños momentos de fraqueza… cando penses que din sintomas deso e pola miña propia vontade!
a todo isto, non hai lugar para o mitico e gran grupo ingles queen de freedie mercury e os seus neste amplisimo e sobresainte blog? espero con entusiasmo a tua resposta canto antes…! un saudo preste