A TERRA DO PRESTE XOÁN

Blogue do Departamento de Xeografía e Historia do CPI Julia Becerra Malvar (Ribadumia)

I Concurso de relatos de fición histórica do Julia Becerra Malvar

Filed under: Concursos — 28 novembro 2007 @ 5:22 pm

Como vos fomos dicindo os vosos esforzados profesores, o Departamento de Xeografía e Historia vai realizar un concurso de relatos de fición histórica. Xa sei que o agasallo non vos chama moito a atención, mais é que non había cartos para o tan desexado mp4 (suxerímosvos que llo pidades aos Reis). En fin, que vos animamos a escribir, e para iso deixámosvos as bases actualizadas do concurso:

  1. Os relatos, que deberán ser inéditos, terán tema ou contido histórico. Os personaxes poden ser reais ou inventados, mais sempre estarán enmarcados nunha época histórica concreta. Neste sentido valorarase a calidade literaria do traballo e, sobre todo, a recreación do tempo histórico no que se sitúe o relato.
  2. Os relatos escribiranse en galego ou castelán. A estensión é libre.
  3. Establécense dúas modalidades: unha para primeiro ciclo e outra para o segundo ciclo. Haberá un premio por modalidade, que consistirá nun reprodutor de mp3.
  4. O prazo de entrega dos traballos é o 18 de febreiro de 2008. O gañador darase a coñecer coincidindo coa entrega de notas da segunda avaliación.
  5. Os relatos entregaranse a calquera profesor que non sexa do departamento escritos a computador, sen ningunha marca que poida identificar ao seu autor, dentro dun sobre de tamaño DIN A-4. Dentro dese sobrehaberá un sobre máis pequeno, cunha folla na que estean os datos persoais do autor.
  6. O xurado do relato estará composto polos membros do Departamento de Xeografía e Historia.
  7. Os relatos gañadores serán publicados no blog do departamento: www.preste.blogaliza.org

No Comments »

No comments yet.

RSS feed for comments on this post. TrackBack URI

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

(required)

(required)