A TERRA DO PRESTE XOÁN

Blogue do Departamento de Xeografía e Historia do CPI Julia Becerra Malvar (Ribadumia)

Listado de titulacións universitarias e ciclos formativos en Galiza

Filed under: Orientación laboral — 12 decembro 2007 @ 1:17 pm

Esta entrada está adicada en especial aos meus alumnos da titoría de 4B. A ver se algún dos meus ex-alumnos (ou un profesor amiguete) que estea xa nun ciclo ou unha carreira nos deixa un comentario sobre o seu ciclo ou a súa carreira. Na primeira destas direccións podedes atopar información sobre as titulacións universitarias que ofrecen as tres universidades galegas. Na segunda está todo o referido a ciclos formativos, ordenado por provincias (os ciclos de Pontevedra están na páxina 12).

http://www.xunta.es/conselle/ceoug/dxu/sug/BASEDATOS/default.asp

http://www.edu.xunta.es/fp/files/oferta/oferta2007_08_por_provincia.pdf

Aínda que é algo longo, encontrei está ligazón a un estudo no que se detallan cales son as saídas dos diferentes ciclos formativos. Prescindide das oitos primeiras páxinas, que son resultados moi xerais e ide ao que nos interesa. O mesmo pode axudarvos a decidir:

http://www.edu.xunta.es/fp/estudoinsercion/ano03_04/Estudo_insercion_03-04.pdf

Saúdos e boa navegación!

4 Comments »

  1. pipusa:

    Vaia este comentario na defensa dos ciclos, que é o melloriño que hai!!
    Aínda que os teus alumnos non precisarán de probas de acceso por ser moi aplicados, na páxina da xunta adicada á formación profesional, hai tamén moita información sobre PROBAS DE ACCESO aos ciclos de grado medio ou superior, para o caso de non superar a ESO (no medio), ou o Bacharelato (no superior).
    http://www.edu.xunta.es/fp

  2. preste:

    Moitas grazas a Pipusa polo seu comentario tan belixerante en favor dos ciclos, non sei que interese terá! Abusando da amabilidade de Pipusa, non sei se podo pedirlle información sobre algún ciclo en concreto. Se non lembro mal, había algún alumno interesado no ciclo de Xestión Administrativa…

  3. Iria Mouzo:

    Boas: Eu bou a comentar que poñer o bcharelato de adultos en tres anos en vez de ser unha axuda é perxudicial para os alumnos. Pois nos dous primeiros cursos por exemplo, hai lengua espñola, pero no último curso non. E pregúntome eu, cómo imos a estar preparados para a selectividade así? non sería mellor repartir o temario entre os tres cursos? Non sei quen se dedica afacer esttes cambios pero nótase que non é unha persoa que está a estudar.

  4. preste:

    Vou poñer en situación á xente que non sabe de que vai o comentario de Iria.
    O Bacharelato que se cursa en horario de tarde, o Bacharelato de adultos, pasou este ano de facerse en dous anos, como o Bacharelato normal, a un Bacharelato que se fai en tres anos.
    A min,Iria, non me parece mal a medida. A maioría da xente que cursa Bacharelato de adultos non pensa en facer a Selectividade para ir á universidade, senón en acceder a un Ciclo Superior. Ademais é xente que normalmente traballa; por iso se fixo esta medida.
    A túa crítica, de todas maneiras é moi acertada. Desde logo, o que non pode ser é que non se ofreza tamén a posibilidade de facer o Bacharelato en dous anos. Por que non envías unha carta aos medios sobre a cuestión? Polo menos que se faga pública a queixa!

RSS feed for comments on this post. TrackBack URI

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

(required)

(required)