Grande Antroidada
Como sabedes, o día 1 de febreiro celebramos o antroido no colexio, que este ano xira arredor da mitoloxía. Deixamos por aí o programa e agardamos ver moitas Ateneas, Neptunos, Ninfas, Helenas e, se fose posíbel… algún centauro!!!
A. DÍA E LUGAR DE REALIZACIÓN DOS ACTOS
1. Os actos terán lugar o venres 1 de febreiro.
2. Todo os actos realizaranse no ximnasio pequeno.
B. ORDE DOS ACTOS
11:15. Os alumnos de 4B encárganse da colocación das mesas, equipo de música e preparación do ximnasio (4B) baixo a supervisión do profesorado.
11:40. Os alumnos participantes disfrázanse nas súas aulas. Sairán da aula só se é necesario para disfrazarse.
12:10. Desfile dos disfrazados e dos participantes no concurso de postres cos seus profesores até o ximnasio.
12:15. Pase de disfraces e representacións.
12:45. Degustación dos postres polo xurado.
13:00. Deliberación do xurado.
13:20. Entrega de premios. Baile e degustación.
C. NORMAS
1. Non se permiten bebidas.
2. Non se permite a asistencia aos actos de persoas alleas ao centro.
3. Os alumnos que non se disfracen non poderán participar nos actos e terán clase normal cos seus profesores.
D. CONCURSO DE DISFRACES
1. O tema dos disfraces para o concurso é a mitoloxía grega e romana para os estudantes de 3º e 4º da ESO. Para os alumnos de 1º e 2º o tema é libre, aínda que se recomenda que se disfracen tamén sobre personaxes mitolóxicos.
2. Poden participar os profesores e todos os alumnos, agás os alumnos que teñan máis de dúas amoestacións.
3. O xurado estará constituído por Emilia e dous profesores de secundaria. O xurado valorará a orixinalidade, creatividade e obxectividade do personaxe. Apreciarase tamén que se realicen comparsas relacionadas co tema e que sexan disfraces de grupo.
4. O premio será un vale para gastar na libraría.
E. CONCURSO DE POSTRES TÍPICOS DE ANTROIDO
1. Os alumnos que queiran participar no concurso terán que facer unha preinscrición, para que se poida saber de antemán o número de postres. Para facer a preinscrición terán que falar con calquera alumno de 4B antes do mércores 30 de xaneiro.
2. O tema do concurso son os postres típicos de Antroido: filloas, orellas, etc.
3. Poden participar cantos profesores e alumnos queiran, individualmente ou por grupos.
4. O xurado será o mesmo que o do concurso de disfraces. Valorará o sabor e a presentación dos postres.
5. O premio será o mesmo que o do concurso de disfraces.
No Comments »
No comments yet.
RSS feed for comments on this post. TrackBack URI
Leave a comment
Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>