A Canción da Semana: HANG THE DJ
Desde este blog sostémolo cantas veces e diante de quen faga falta: todo, todo, todo, calquera cousa que sexa, pode explicarse con Historia. Antón lanzounos, cando empezaba o blog, un reto: a ver se eramos capaces de atopar unha canción de The Smiths que puidéramos colocar nesta sección. Velaquí.
Hang the DJ (Colga ao pinchadiscos) saíu en 1987, xusto cando a moda da música electrónica (o “bacalao”, para entendernos) comezaba a facer furor nas discotecas, primeiro nas británicas, despois nas de Ibiza, e logo nas de todo o mundo. De socato e sen que ninguén fose capaz de poñerlle remedio aínda nos nosos días, rematou a tranquilidade e a boa música no mundo, como moi ben di a letra de Morrissey:
Panic on the streets of London, Pánico nas rúas de Londres,Panic on the streets of Birmingham. pánico nas rúas de Birmingham. I wonder to myself: Pregúntome se
Could life ever be sane again? poderá a vida ser razoábel outra vez.
The Leeds side-streets that you slip down, Os becos de Leeds polos que pasas,
I wonder to myself… pregúntome… Hopes may rise on the Grasmere, Poderá haber esperanza no Grasmere, But Honey Pie, you’re not safe here. Mais, meu cariño, non se está seguro aquí.
So you run down Así que corres
To the safety of the town; a refuxiarte na cidade. But there’s Panic on the streets of Carlisle, Mais hai pánico nas rúas de Carlisle, Dublin, Dundee, Humberside… Dublín, Dundee, Humberside… Burn down the disco, Queima a discoteca, Hang the blessed DJ colga ao maldito pinchadiscos Because the music that they constantly play porque a música que poñen constantemente
It says nothing to me about my life. non me di nada sobre a miña vida. On the Leeds side-streets that you slip down, Nos becos de Leeds que percorres, Provincial towns you jog ’round nas rúas de provincias polas que te moves, Hang the DJ… colga ao pinchadiscos…
Por certo, que se alguén era tan inxenuo como para pensar que un grupo como The Smiths só ten cancións persoais e aparentemente apolíticas, é dicir, coidaba que The Smiths podía sobrevivir ao influxo da Historia, aí vai este vídeo para demostrarlle o seu erro. Máis ou menos vén a dicir que The Smiths estaban moi fartos da política do goberno de Margaret Thatcher. Sobre todo estaban preocupados pola conflitividade social e a represión contra as minorías que exercía o goberno. Non digo máis.
No Comments »
No comments yet.
RSS feed for comments on this post. TrackBack URI
Leave a comment
Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>