Enlaces sobre novela histórica
Estas semanas andamos coa teima das novelas históricas, unha maneira moi entretida de aprender historia. Non só nos, senón parece que o mundo dos libros virou tolo polas novelas históricas, non hai máis que ver o éxito que teñen títulos como La Catedral del Mar ou a reedición d’Os Piares da Terra, o grande éxito sobre o medievo de Ken Follet.
Nos fixemos unha rápida pescuda pola web, a ver que enlaces sobre novela histórica atopábamos que fosen interesantes para os nosos estudantes. Velaí:
1. Os espartanos. Este blogue está en portugués (coido que non haberá dificultades en entendelo). Desenvolve por entregas unha novela histórica sobre catro rapaces que inician a súa educación militar en Esparta, unha cidade da Grecia Antiga, que, como sabedes, sometía a unha durísima disciplina aos seus soldados. Aliás, se buceades ben pola rede, veredes cousas moi interesantes sobre a vida en Esparta.
2. Títulos de novela histórica (Colección do xornal El País). El País seleccionou en 2007 os mellores títulos de novela histórica e entregounos co xornal. A lista pode servirvos para coñecer algúns bos libros de novela histórica.
3. Novidades de novela histórica. A páxina HISLIBRIS (libros de historia, libros con historia) ten novidades sobre novela histórica.
Moi boa lectura a todas e todos.
2 Comments »
RSS feed for comments on this post. TrackBack URI
Leave a comment
Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>
marzo 1st, 2008 @ 7:00 pm
Bos días desde o C.P.I Cabo dá Area (Laxe), e grazas polas vosas recomendacións: terémolas moi en conta para o noso Club de Lectura, que quere adicar o mes de abril á novela histórica. Desde aquí ofrecemos tamén unha: acaba de saír unha revista dixital sobre Literatura Xuvenil, e no seu segundo número adica un artigo moi interesante á novela histórica xuvenil, cunha selección comentada dos mellores libros de novela histórica para lectores novos. Podédela descargar gratis en http://www.eltemplodelasmilpuertas.com
Aínda que tarda un pouquiño, paga a pena.
E se ledes unha boa novela histórica agradeceríamos que o publicarades no blog, aínda que sexa a modo de comentario. Aceptamos calquera tipo de recomendación pola vosa parte e prometemos contarvos que nos pareceu. Boa lectura!
marzo 3rd, 2008 @ 12:06 pm
Moitos saúdos ao CPI Cabo da Area e ao seu clube de lectura. Rapidamente corremos a ver a súa suxerencia. Eu, pola miña banda, estou desexando ler Palabras da Néboa, unha novela de Francisco Castro co trasfondo do descubrimento e colonización de América. Déixovos aquí o blogue do escritor:
http://www.blogoteca.com/franciscocastro/
Boa lectura!