A TERRA DO PRESTE XOÁN

Blogue do Departamento de Xeografía e Historia do CPI Julia Becerra Malvar (Ribadumia)

Como traballaban os nosos avós e avoas… en Bulgaria

Filed under: Os alumnos fannos saber que... — 4 marzo 2008 @ 2:29 pm

Resulta que, como en 3º tocaba analizar o traballo nas sociedades globalizadas, pareceunos adecuado pedir aos nosos alumnos que investigasen como se traballaba cando a cousa aínda era un pouco distinta. Bastaba con recorrer aos avós e avoas, e vimos que a cousa efectivamente era ben distinta.

O bo das sociedades globalizadas é que hai xente de todo o mundo en calquera recanto, que xa non somos os galegos o único pobo que ten un representante en todas as partes do mundo. Ao final rematas por comprobar que máis ou menos en todos os sitios respírase da mesma maneira. Como aquí hai uns poucos búlgaros, aproveitamos para pedirlle a Vasia Ivanova que nos contase da súa avoa por alí, e isto foi o que saíu (e non se pode dicir que o Salnés fora moi distinto):

Como traballaron os nosos avós

     Fai trinta anos,os tempos en Bulgaria (na zona de Dobrudja, na esquina norleste do país) eran moi difíciles e diferentes aos de hoxe en día: o traballo comezaba de moi pequenos, non se estudaba tanto tempo e a tecnoloxía non axudaba para aforrar tempo, nin para a diversión.

     No caso dos meus avós, os seus traballos foron moi variados:o meu avó materno traballou moitos anos como camioneiro e a miña avoa incorporouse a o mundo laboral antes de casar ,traballando como axudante dos seus pais nunha canteira e despois de casar como empregada nunha pastelería e como granxeira coidando dos porcos dunha explotación gandeira.

   Un tempo despois, ela empezou a traballar pola súa conta, cultivando prantas de tabaco.Nesa pequena empresa familiar tiña que prensar as follas do tabaco para logo vendelas ás fabricas elaboradoras de  cigarros. O proceso era longo, xa que abranguía da semente á seca e cosido da pranta, pra esmagar e formar un cubo prensado  co produto para a venda e posterior elaboración. Este traballo era longo e duro, pero gañou bastantes cartos e mesmo continuou  a súa filla con esta empresa.

   Eu penso que os nosos avós traballaban moito máis e de xeito diferente a nós, sen tanta tecnoloxía e máquinas. Antes o traballo era máis físico que intelectual, porque hoxe en día pode gañar máis coa forza do teu pensamento que coa forza dos músculos do corpo. Por exemplo, podes traballar todo o día no campo ou sentarte fronte a un ordenador como secretaria cobrando máis (aínda que para iso tamen tes que esforzarte).

    En resumo, cada un non elixe a época que lle toca vivir, e todas teñen a súa dificultade. A vida cambia,os anos pasan e non sabemos que nos espera no futuro; dentro de cincuenta anos, quizais teñamos que volver a valorar o traballo no campo por falta de traballadores.

No Comments »

No comments yet.

RSS feed for comments on this post. TrackBack URI

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

(required)

(required)