A TERRA DO PRESTE XOÁN

Blogue do Departamento de Xeografía e Historia do CPI Julia Becerra Malvar (Ribadumia)

ELECCIÓNS XERAIS DO 7 DE MARZO

Filed under: Os alumnos fannos saber que... — 7 marzo 2008 @ 2:38 pm

A xornada electoral desenvolveuse no Julia Becerra en completa normalidade. A participación foi maioritaria: sobre un censo electoral de cen persoas, acudiron a votar noventa.

Os resultados electorais indican unha axustadísima vitoria do PP, con vintetrés votos, un voto máis que o PSOE. Co 25,5 por cento dos votos totais, o PP sitúase medio punto por enriba do PSOE.

A terceira forza é unha absoluta sorpresa. Sen apenas propaganda o Partido Antitaurino fíxose con 11 votos. O BNG quedou un voto por debaixo, co dez por cento dos votos totais.

Liderando ás forzas minoritarias aparecen Os Verdes, cun total de seis votos. Acadaron tres votos Falange Española, Esquerda Unida e a formación Por un Mundo más Justo. Un so voto conseguíu Unión Progreso y Democracia.

Foron oito os partidos (dos dezasete totais) que non acadaron voto ningún. Aliás, houbo catro votos nulos e outros catro en branco.

Co presentimento de que estes resultados non se han de parecer demasiado aos do domingo, despedimos a conexión.

No Comments »

No comments yet.

RSS feed for comments on this post. TrackBack URI

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

(required)

(required)