Traballo de avaliación: Comentario e exposición dunha obra de arte
Ben sabedes os rapaces de Cultura Clásica e Ciencias Sociais de 2º o traballo de presentación obrigatoria que tedes que facer nesta 3ª avaliación. Unha das posibilidades é o comentario e exposición dun Power Point sobre unha obra de arte grecorromana (no caso dos de C. Clásica) e medieval (Sociais de 2º). Nesta anotación quería lembrarvos algunhas cousas que nunca deben faltar no comentario dunha obra de arte e tamén sinalarvos algunhas páxinas web de utilidade. Non esquezades ademais que na biblioteca temos un lote de libros sobre o tema, como por exemplo a colección Lo mejor del arte… Nesa colección hai libros sobre arte grego, romano, románico, gótico, etc.
Cousas que se deben aportar nun comentario dunha obra:
1. Moitas fotos, debuxos, planos e se é posíbel, mesmo documentos escritos sobre a obra de arte. 2. Localización da zona en que se producíu e se atopa a peza artística. 3. Información sobre o autor (se non é anónima) e sobre outras obras que creara. 4. Cronoloxía, se é posíbel o ano exacto, se non, aproximada (o século, por exemplo). 5. Encadrar a obra no seu contexto histórico (ver que acontecementos históricos marcan a función e o estilo da obra) e no seu estilo artístico (arte da Grecia clásica, arte gótica…). Debes xustificalo, por exemplo, se a portada dunha igrexa medieval está construída con arcos de medio punto, debemos concluír que a igrexa é románica. 6. Comparar a obra de arte con outras do mesmo autor ou do mesmo estilo, explicando as semellanzas e diferenzas.En canto ás páxinas que podes empregar para facer o traballo, enlacei nada máis dous dicionarios de arte, os dous ilustrados. Hai moitas páxinas sobre historia de arte, mais das que mirei confeso que ningunha me gustou máis que calquera dos libros que tedes na biblioteca. Cecais vós teñades máis sorte, ou podades empregar a rede para facer buscas específicas sobre algunha peza artística en concreto.
No Comments »
No comments yet.
RSS feed for comments on this post. TrackBack URI
Leave a comment
Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>