A TERRA DO PRESTE XOÁN

Blogue do Departamento de Xeografía e Historia do CPI Julia Becerra Malvar (Ribadumia)

A Canción da Semana: A SANTIAGO VOY

Filed under: Canción da Semana — 4 abril 2008 @ 1:44 pm

Como esta semana non tiña moitas gañas de traducir, decidín poñer unha canción que todos entendamos. Decidín tamén inaugurar unha serie nostálxica (prometo tres cancións con vídeos en branco e negro este mes) e homenaxear a todos os emigrantes deste país do mesmo golpe: aí vai A Santiago Voy de Los Tamara.

Os que sexades insufriblemente xoves non saberedes que relación hai entre esta canción e a historia. Tedes que saber que esta canción está gravada a mediados da década dos 60, e que foi o primeiro grande éxito do pop galego. Los Tamara eran un grupo de Noia cun cantante da Coruña, cuxo nome lembrarán os tempos: Pucho Boedo. Foron dos primeiriños en cantar en galego, e as súas cancións arrasaban por toda Europa.

Porque A Santiago Voy era a canción que todos os emigrantes galegos escoitaban nos seus transitores lonxe da terra querida. E cando Los Tamara ían por Europa de xira, abarrotaban as salas de concertos e choraban como magdalenas mentres pensaban en abrir o seu paraugas por Compostela, onde Carmela os estaba agardando. E supoño que de aí á expresión “Corre, Carmela, que chove!”, non vai máis que un paso.

No Comments »

No comments yet.

RSS feed for comments on this post. TrackBack URI

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

(required)

(required)