A Canción da Semana: AY CARMELA
Prometín unha entrega de cancións nostálxicas e aí vai o segundo disparo, disparo por partida dupla. Este 14 de abril celebramos o septuaxésimo sete (que fai 77 anos, non?) da proclamación da II República en España. Xa sabedes, esa que rematou coa Guerra Civil da que tanto falan os vosos avós e cun señor un tanto baixo e de bigotiño (nin Hitler nin Aznar, Francisco Franco) no poder durante case corenta anos.
A min, como supoño que a vos, non me gustan as guerras, dáme igual que ideas defendan. Mais a historia évos así, e por desgraza demasiadas veces as cousas rematan como non tiñan que rematar nunca. De toda a vida a música servíu nas guerras para fomentar o valor dos soldados. A Guerra Civil, como o resto, deu lugar a moitas cancións que se cantaban na fronte de guerra, como este Ay, Carmela que cantaban os soldados republicanos na Batalla do Ebro (xullo-outubro 1938):
Claro que desde o outro bando, o de Franco, tamén se cantaban cancións. En internet pódense escoitar un lote delas, tamén ilustradas con vídeos da época. Eu escollín este himno de Falange, montado sobre un desfile vitorioso das tropas franquistas. Rétovos a que vexades cantas das cousas que neste himno se cantaban fixo finalmente Franco:
En fin, todo sexa porque non se repita aquela salvaxada que tanto dano fixo ás vidas das nosas avoas, bisavoas e ancestros variados.
No Comments »
No comments yet.
RSS feed for comments on this post. TrackBack URI
Leave a comment
Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>