Exercicios de arte grega
1. Aquí tes o Templo de Hefesto en Atenas. Coméntao segundo os pasos que se che deron na anotación “Comentario e exposición dunha obra de arte” (búscaa na categoría Exercicios):

2. A escultura de abaixo coñécese co nome de O alcalde da aldea. É unha escultura exipcia en madeira, de arredor do ano 2000 a.C. A outra escultura é o Diadumenos, que o artista grego Policleto esculpíu a mediados do V a.C. Preténdese que compares ambas esculturas. Ademais das diferenzas obvias entre as persoas representadas, procura fixarte nas semellanzas ou diferenzas entre ambas esculturas:
Que función tiñan unha e outra estatua? Cal che parece máis realista? Como se consegue dar a impresión de realidade nunha e noutra escultura? Se atopas dificultades, ou queres facer algunha observación, non esquezas deixar os teus comentarios para que todos poidamos aprender.
2 Comments »
RSS feed for comments on this post. TrackBack URI
Leave a comment
Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

maio 13th, 2008 @ 6:27 pm
Ola!!
Son laura de 4º
Sintoo decir que a estatua do Diadumenos non é de Lisipo, sinon que de Policleto, ou eso pon en casi todas as páxinas que levo visto toda esta tarde. A Lisipo solo o nombra como sucesor de Policleto pero non di que sea feita por el.
Saúdos
maio 14th, 2008 @ 8:55 am
Agh! Crasísimo erro! Non sintas dicilo, Super_laura, porque tes toda, todiña a razón. Efectivamente o Diadumeno é obra de Policleto (nunca de Lisipo) a mediados do século V (e non a finais do IV). Cousas das présas, estou APENADÍSIMO