A TERRA DO PRESTE XOÁN

Blogue do Departamento de Xeografía e Historia do CPI Julia Becerra Malvar (Ribadumia)

A Canción da Semana: GRÂNDOLA, VILA MORENA

Filed under: Canción da Semana — 24 abril 2008 @ 1:47 pm

As 00:20 horas do 25 de abril de 1974 Rádio Renascença de Portugal radiaba Grândola, Vila Morena, unha vella canción do cantautor portugués José Afonso sobre unha vila do sur de Portugal. Anunciábase así á poboación que a Revolución dos Cravos, o pronunciamento que remataría con cincuenta anos de ditadura en Portugal, avanzaba sen dificultades.

A esas horas, a maior parte do exército portugués tomaba posicións no país para forzar o cambio de rexime. Nesa mesma mañá unha revolta popular remataría definitivamente coa penúltima ditadura de dereitas que resistía en Europa (en España o réxime de Franco aínda había sobrevivir por un ano máis).

Trinta e catro anos despois, esta canción segue a ser un símbolo da loita popular pola democracia. Aos que viviron eses días, a canción tráelles fermosas lembranzas, aos que non nacéramos aínda, sérvenos para sentir un anaco da emoción que sentiron os que participaron no movemento: gústanos pensar que ese día os portugueses (e con eles medio mundo) permaneceron espertos pola noite, pegadiños á radio, cantando con ledicia Grândola, Vila Morena.

Déixovos coa letra no orixinal portugués. Saúde:

 

 

 

Grândola, vila morena,
terra da fraternidade.
O povo é quem mais ordena,
dentro de ti o cidade.
Em cada esquina un amigo,
em cada rosto igualdade.
Grândola, vila morena
terra da fraternidade.
Á sombra duma azinheira,
que ja nao sabia a idade,
jurei ter por companheira
Grândola, vila morena.
Grândola a tua vontade.


3 Comments »

  1. preste:

    Fontes moi autorizadas infórmanme de que había problemas para subir comentarios. Con esta proba creo que podemos dar o problema por solucionado, ou logo?

  2. pipusa:

    No meu novo intento, só quero enviarche parabens por todos os teus contidos do blogue!! A ver se me axudas no meu!!
    A canción da semana gustacheme ben!

  3. preste:

    Dilectísima pipusa: imaxina todas as cancións marabillosas que quedan por comentar!

RSS feed for comments on this post. TrackBack URI

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

(required)

(required)