RELATOS GAÑADORES DO I CONCURSO JULIA BECERRA MALVAR
Pouco a pouco esperta entre nós o gusto por aprender historia doutra maneira: por medio da imaxinación. Como se pode coñecer unha cidade medieval se non facemos o esforzo por situarnos no tráfego das súas rúas primeiro, sentir os malos cheiros, recoñecer os zapateiros, curtidores, ferreiros… Os de 2B están preparando xa unha obra de teatro sobre un rei medieval e as súas díscolas fillas que ELES MESMOS redactaron e que esperamos que poidan representar a final de curso.
E así, pouco a pouco. Conforme ao prometido, traemos por fin os contos que gañaron o I Concurso de Ficción Histórica. Trátase de Raquel Dopazo Cornes e Francisco Giráldez González A desfrutalos:
ARTURO, O EXPLORADOR - Raquel Dopazo Cornes
Nun pobo de Galicia, un home confuso cavilaba sobre se o planeta Terra era plano ou redondo. Naquel ano, no1492, todo o mundo dicía que a Terra era plana, pero había un home, con pouco diñeiro que dicía que era redondo. Este home xa estivera na forca moitísimas veces, por contradicir ao rei, pero nunca o mataran, xa que no momento preciso sempre, cando llo preguntaban, el sempre respondía que a Terra era plana e non redonda. Inda que polo baixo dicía que era redonda. Ese home chamábase Arturo.
Non estaba casado, nin comprometido, só quería demostrarlle o rei que realmente a Terra era redonda e non plana, para esto necesitaría diñeiro e como non o tiña, comprometeuse cunha muller rica, poderosa e vella. Os poucos días de casar a muller morreu, Arturo herdou toda a súa fortuna e organizou unha expedición. O 3 de agosto dese mesmo ano navegou polo océano Atlántico, saíndo do porto de Huelva, cunha numerosa flota.
Logo de 6 meses todos regresaron dicindo que chegaran a India e mostrándolle o rei e os seus seguidores que a Terra era redonda e non plana.O rei, que viaxara numerosas veces a India, e a coñecía moi ben quixo acompañalos na súa seguinte viaxe. Arturo aceptou, e pensou para el:se ten que viaxar con nós para demostrarllo eu acepto.
Despois dun mes partiron dende o mesmo lugar, o rei e Arturo, ían no mesmo no mesmo camarote. O rei inda non llo cría, dicía que aquilo era imposible que non se podía chegar a India polo mar. Inda que en certo modo, o rei, levaba razón. Non se podía chegar a India, pero si a que máis tarde se chamaría América.Un tempo despois chegaron o que Arturo lle chamaba India.
O baixar do barco, o rei quedou sorprendido, era o único, daquela embarcación, que sabía que aquilo non era a India, pero calouse e non dixo nada. Mentres Aturo e o seu equipo exploraba aquela terra descoñecida para verificar se estaban realmente na India. Xa que Arturo non o tiña moi claro, o rei, cavilaba onde podían estar porque aquela extensión desértica na India non a había, o lado do mar.
Unhas horas despois, Arturo, confirmou as súas sospeitas, aquilo non era a India, senón un paraxe sen explorar, descoñecido, e non parecía haber nin o menor rastro de vida. Cando regresaron o barco,Arturo contoullo o rei, el deulle a razón e volveron a Hispania.
Este non foi o fin, chegaron a facer unha terceira viaxe,deixando alí a xente para que poboara aquela terra fértil. Pero aquel continente aínda non tiña nome.O rei queríalle poñer Terra de Arturo,na honra do seu descubridor Arturo. Pero Arturo non quería xa que era un home moi modesto, el queríalle poñer América, na honra dun bo amigo seu chamado Américo Vespucio.
O rei tivo unha dura discusión con Arturo por culpa do nome.E desta disputa saíu o cuarto viaxe. Ese mesmo día elevaron ancoras cara a Terra sen nome.
Ao chegar pedíronlle opinión as persoas que alí vivían. Aínda que ningún o tiña moi claro, a maioría votou por Terra de Arturo. Regresando a península. O rei deulle un ataque o corazón no barco e morreu no acto.Cando chegaron a Hispania, Arturo comunicoulle a noticia a todo o mundo. A muller do rei deulle a Arturo un papeliño que dicía así:
‘‘QUERIDO ARTURO:
Se estás lendo isto eu xa estarei morto. Queríache dicir que dende que chegamos a aquela terra descoñecida eu xa sabía que aquelo non era a India.
Como non teño descendentes, e ti es o máis parecido a un fillo nestes últimos meses, inda que pareza raro,déixoche toda miña fortuna e fágote herdeiro do trono de Hispania e rei da terra descoñecida. Serás rei de Hispania cando a miña muller morra.E só te poderá desterrar teu primeiro fillo ou filla.
Xa me despido,
O rei hispánico. ”
Arturo, que era moi ambicioso, matou a muller do antigo rei. Todo o mundo sospeitaba, pero ninguén se atreveu a culpar o novo rei de Hispania dun asasinato. Ata que na noite dun 30 de abril, exactamente, naceu o primeiro fillo de Arturo, chamouse Ricardo Alberto.
Pasados dazaoito anos,no día do cumpleanos de Ricardo Alberto, Arturo planeara matar o seu fillo para que non o desterrase. A sua sorpresa foi maior,cando no preciso intre que Arturo preparaba a espada para matar o seu fillo,Ricardo apareceu pola porta, colleu a espada e matou a seu pai. Marchouse daquel cuarto e foi onda a sóa nai a dicirlle que o seu pai acababano de matar uns asasinos a soldo que o rei da Galia contratara.
Ricardo Alberto acabou cuns anos de terror para o seu pobo. En canto á Terra de Arturo, que se chamaba deste modo grazas o antigo rei, Ricardo Alberto cambioulle o nome por America e foi el e a sóa muller quenes reinaron Hispania e America. Pero non tiveron descendentes polo tanto despois deles nomearon uns novos reis contando co pobo. E todo acabou ben, se acabara mal quizais non estariamos aquí.
Fin?
No Comments »
No comments yet.
RSS feed for comments on this post. TrackBack URI
Leave a comment
Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>