A Canción da Semana: LA MANO DE DIOS
Esta entrada é insuperábel: música, Historia e… MARADONA!
Porque hai goles que fan Historia e convértense en cancións: o 22 de xuño de 1986, en México, Inglaterra e Arxentina xogaban os cuartos de final da Copa do Mundo. Foi un partido equilibrado até que, no minuto 51, Maradona marcou o primeiro gol do partido un pouco coa man e outro pouco coa cabeza, como máis tarde declarou o propio xogador.
A man de Maradona foi bautizada como a man de Deus; de aí o título da canción do cantante arxentino Rodrigo Bueno.
Tres minutos despois, noutra xenialidade, Maradona puxo o 2-0: si, ese gol no que colle a pelota case na súa area, regatea a un cento de xogadores ingleses, ao mesmo porteiro e marca con toda a tranquilidade.
No 80 Lineker marcou para Inglaterra, mais o partido quedou 2-1 para Arxentina. Outros dous goles de Maradona e nas semifinais desfíxose de Bélxica. Gañou na final a Alemania Federal: 3-2.
Preguntarédesvos: que ten de Historia este partido? Ben. Arxentina estaba nunha enorme crise económica daquela, así que a vitoria na Copa do Mundo alivioulles un pouco as penas. Ademais Arxentina perdera catro anos antes a Guerra das Malvinas contra Inglaterra: o que non gañaran na guerra gañábano no fútbol. En fin!
No Comments »
No comments yet.
RSS feed for comments on this post. TrackBack URI
Leave a comment
Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>