A TERRA DO PRESTE XOÁN

Blogue do Departamento de Xeografía e Historia do CPI Julia Becerra Malvar (Ribadumia)

A Canción da Semana: WINDS OF CHANGE

Filed under: Sen clasificar — 29 Maio 2008 @ 2:17 p.m.

Esta semana, dando voltas e voltas pola internet, descubrimos un blogue de Xeografía e Historia que nos gusta máis que o noso: o Blog de Xosé Antón. Por iso o deixo enlazado onde os blogues amigos.

Na súa última entrada, Xosé Antón falaba da caída do comunismo na Unión Soviética contra 1991, e citaba unha canción, Winds of Change (Ventos de Cambio), do grupo de heavy-rock Scorpions.

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/qSum0-JWH_E" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

Canto non teremos movido a melena nos nosos tempos mozos con esta canción sen saber que demo dicía! Porque como escoitastes, a canción fala dos «ventos de cambio» que se podían sentir entre a poboación de Moscova a finais da década dos oitenta. É dicir, que entre os rusos consolidábase neses anos unha forte oposición ao comunismo, que rematou por caer no verán do 91.

O caso é que os Scorpions sabían perfectamente do que falaban. En 1988 actuaran en Leningrado, e tedes que saber que durante moito tempo, non se lle permitía a case ningún músico do mundo capitalista actuar nos países comunistas. A actuación dos Scorpions deulles unha enorme popularidade na Unión Soviética: das súas experiencias alí naceu esta canción, que se publicou en 1990 e que se converteu nun símbolo da resistencia ao comunismo.

Non hai comentarios

Aínda non hai comentarios.

Feed RSS dos comentarios deste artigo. TrackBack URI

Sentímoscho, o formulario de comentarios está pechado neste momento.

Olark Livehelp