A Canción da Semana: WINDS OF CHANGE
Esta semana, dando voltas e voltas pola internet, descubrimos un blogue de Xeografía e Historia que nos gusta máis que o noso: o Blog de Xosé Antón. Por iso o deixo enlazado onde os blogues amigos.
Na súa última entrada, Xosé Antón falaba da caída do comunismo na Unión Soviética contra 1991, e citaba unha canción, Winds of Change (Ventos de Cambio), do grupo de heavy-rock Scorpions.
Canto non teremos movido a melena nos nosos tempos mozos con esta canción sen saber que demo dicía! Porque como escoitastes, a canción fala dos “ventos de cambio” que se podían sentir entre a poboación de Moscova a finais da década dos oitenta. É dicir, que entre os rusos consolidábase neses anos unha forte oposición ao comunismo, que rematou por caer no verán do 91.
O caso é que os Scorpions sabían perfectamente do que falaban. En 1988 actuaran en Leningrado, e tedes que saber que durante moito tempo, non se lle permitía a case ningún músico do mundo capitalista actuar nos países comunistas. A actuación dos Scorpions deulles unha enorme popularidade na Unión Soviética: das súas experiencias alí naceu esta canción, que se publicou en 1990 e que se converteu nun símbolo da resistencia ao comunismo.
No Comments »
No comments yet.
RSS feed for comments on this post. TrackBack URI
Leave a comment
Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>