ATENCIÓN, ATENCIÓN! AS FOTOS DE BARCELONA!

Son só unhas corenta fotos as que saquei en Barcelona, a maioría dos alumnos que foron, tanto en conxunto como por separado. A pesares de que non son moi bo fotógrafo seguro que hai algunha que vos interesa.
Se queredes vir recollelas, deixeille a Emilia, a directora, un CD con elas. Emilia vai estar aquí ao longo do mes de xullo, así que podedes vir buscalas cando queirades en horario de mañá.
Como ten que facer copias do CD para os que veñades, sería interesante que chamásedes (986 71 00 21) primeiro ao colexio para dicir que as ides vir buscar. É mellor tamén que veñades varios á vez, ou que un de vos quede encargado para recoller as fotos de varios. Desta maneira alixeiraremos o traballo da nosa sufridísima directora.
Moi felicísimo verán.
1 Comment »
RSS feed for comments on this post. TrackBack URI
Leave a comment
Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>
xullo 1st, 2008 @ 1:00 pm
Veño de coñecer este interesante blog a través do de Xosé Antón .Parabéns.
No meu blog INICARTE, tamén podes contemplar moitas presentacións en powerpoint de historia da arte.
Saúdos blogueiros