A TERRA DO PRESTE XOÁN

Blogue do Departamento de Xeografía e Historia do CPI Julia Becerra Malvar (Ribadumia)

Vémonos o próximo curso!

Filed under: Sen clasificar — 27 xuño 2008 @ 12:13 pm

Cando se é alumno os cursos son longos, longos, longos… Deixas de ser alumno, vólveste profesor e os cursos fanse curtos, cur… Sempre quedan unha chea de notas no papel, de asuntos sobre os que nos gustaría ter discutido.

Non estivo mal. Case mil visitas neste curso e unha conta pendente con Mr. T desde que A Terra do Preste Xoán abríu con barra libre o novembro pasado. O próximo ano volveremos ao traballo con máis gañas. Agora é o momento de pechar o Preste para marchar de VACACIÓNS!

Mais antes os profesores iremos tecer os nosos diabólicos plans nunha comida que terá lugar… Ha! Non o revelaríamos nin sequera baixo tortura. Por causa do banquete que nos imos dar, colgo esta xigantesca reprodución das Vodas de Canaán, do pintor renacentista Veronés.

Só me queda despedirme. Moitas grazas a todos os que visitastes neste ano ao Preste. Un saúdo moi especial aos alumnos de 4º ESO, que marchan do colexio. Esperamos vervos por aquí moitas veces!

No Comments »

No comments yet.

RSS feed for comments on this post. TrackBack URI

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

(required)

(required)