A TERRA DO PRESTE XOÁN

Blogue do Departamento de Xeografía e Historia do CPI Julia Becerra Malvar (Ribadumia)

Archive for the 'Canción da Semana' Category

A Canción da Semana: THE HEADMASTER RITUAL

Posted: luns, setembro 15th, 2008 @ 12:53 pm in Canción da Semana | No Comments »

Estabamos meditando con que canción darvos a benvida ao novo curso. Como non atopamos ningunha que dixera algo bonito do colexio, limitámonos a desexarvos que durante este ano non vos ocorra nada do que describe esta canción de The Smiths, titulada The Headmaster Ritual (O Ritual do Director). Lede a letra con coidadiño para saberdes [...]

A Canción da Semana: WAR PIGS

Posted: luns, xuño 2nd, 2008 @ 3:35 pm in Canción da Semana | 3 Comments »

Hai uns días soubemos que o mesmísimo Mr. T era un visitante asiduo deste blogue. Vaia esta canción, War Pigs (Os porcos da guerra) como homenaxe e tributo da maior admiración.
Todos coñecedes a historia de Mr. T. Enrolado no famosísimo Equipo A, un grupo de ex-combatentes do Vietnam que se adica a axudar aos [...]

A Canción da Semana: LA MANO DE DIOS

Posted: xoves, maio 22nd, 2008 @ 10:17 am in Canción da Semana | No Comments »

Esta entrada é insuperábel: música, Historia e… MARADONA!
Porque hai goles que fan Historia e convértense en cancións: o 22 de xuño de 1986, en México, Inglaterra e Arxentina xogaban os cuartos de final da Copa do Mundo. Foi un partido equilibrado até que, no minuto 51, Maradona marcou o primeiro gol do partido un pouco [...]

A Canción da Semana: BLACK STEEL IN THE HOUR OF CHAOS

Posted: venres, maio 16th, 2008 @ 1:26 pm in Canción da Semana | No Comments »


Entre os nosos alumnos fai furor Porta, un rapeiro barcelonés de 18 anos. Levan semanas tentando convencernos das súas bondades. Non dubidamos de Porta en absoluto, porén preferimos mirar atrás: a finais dos oitenta e principios dos noventa, sen dúbida a época dourada do hip-hop.
En 1987 Public Enemy publicou o [...]

A Canción da Semana: GRÂNDOLA, VILA MORENA

Posted: xoves, abril 24th, 2008 @ 1:47 pm in Canción da Semana | 3 Comments »


As 00:20 horas do 25 de abril de 1974 Rádio Renascença de Portugal radiaba Grândola, Vila Morena, unha vella canción do cantautor portugués José Afonso sobre unha vila do sur de Portugal. Anunciábase así á poboación que a Revolución dos Cravos, o pronunciamento que remataría con cincuenta anos de ditadura [...]

A Canción da Semana: AY CARMELA

Posted: xoves, abril 10th, 2008 @ 1:49 pm in Canción da Semana | No Comments »

Prometín unha entrega de cancións nostálxicas e aí vai o segundo disparo, disparo por partida dupla. Este 14 de abril celebramos o septuaxésimo sete (que fai 77 anos, non?) da proclamación da II República en España. Xa sabedes, esa que rematou coa Guerra Civil da que tanto falan os vosos avós e cun señor un [...]

A Canción da Semana: A SANTIAGO VOY

Posted: venres, abril 4th, 2008 @ 1:44 pm in Canción da Semana | No Comments »

Como esta semana non tiña moitas gañas de traducir, decidín poñer unha canción que todos entendamos. Decidín tamén inaugurar unha serie nostálxica (prometo tres cancións con vídeos en branco e negro este mes) e homenaxear a todos os emigrantes deste país do mesmo golpe: aí vai A Santiago Voy de Los Tamara.
[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/GEe27X8QhDg" width="425" height="350" [...]

A Canción da Semana: HANG THE DJ

Posted: martes, febreiro 12th, 2008 @ 2:49 pm in Canción da Semana | No Comments »

Desde este blog sostémolo cantas veces e diante de quen faga falta: todo, todo, todo, calquera cousa que sexa, pode explicarse con Historia. Antón lanzounos, cando empezaba o blog, un reto: a ver se eramos capaces de atopar unha canción de The Smiths que puidéramos colocar nesta sección. Velaquí.


Hang the [...]

A canción da semana: LIVING WITH WAR

Posted: martes, novembro 27th, 2007 @ 11:09 am in Canción da Semana | 7 Comments »

Atendendo ás peticións dos visitantes e seguindo co tema pacifista, a canción desta semana é Living with war, dun vello rockeiro canadiano que vive de sempre nos EEUU: Neil Young. O vídeo, montado como se fose un telexornal con imaxes reais da guerra do Iraque, Vietnam e a II Guerra Mundial, pódese ver en:
http://www.youtube.com/watch?v=kjkPracnH1o
Neil Young [...]

A canción da semana: GLORIFIED G

Posted: martes, novembro 20th, 2007 @ 3:26 pm in Canción da Semana | 6 Comments »

Pretendemos poñer neste blog todas as semanas polo menos unha canción que teña algún contido referente á historia. Aceptamos SUXERENCIAS!
Esta primeira semana toca “Glorified G”, dos estadounidenses Pearl Jam. Este grupo formouse a principios dos 90 e ten unha liña política moi comprometida: apoian numerosos actos do Partido Demócrata, como por exemplo os que se [...]