A TERRA DO PRESTE XOÁN

Blogue do Departamento de Xeografía e Historia do CPI Julia Becerra Malvar (Ribadumia)

Archive for the 'Sen clasificar' Category

MUDÁMONOS!

Posted: martes, setembro 23rd, 2008 @ 9:16 am in Sen clasificar | No Comments »

Por diversos problemas técnicos, moi complicados de expoñer aquí, A TERRA DO PRESTE XOÁN mudou de ubicación. Agora estamos en:
www.preste.wordpress.com
Esperámosvos!

Vémonos o próximo curso!

Posted: venres, xuño 27th, 2008 @ 12:13 pm in Sen clasificar | No Comments »

Cando se é alumno os cursos son longos, longos, longos… Deixas de ser alumno, vólveste profesor e os cursos fanse curtos, cur… Sempre quedan unha chea de notas no papel, de asuntos sobre os que nos gustaría ter discutido.
Non estivo mal. Case mil visitas neste curso e unha conta pendente con Mr. T desde que [...]

ATENCIÓN, ATENCIÓN! AS FOTOS DE BARCELONA!

Posted: venres, xuño 27th, 2008 @ 11:59 am in Sen clasificar | 1 Comment »

Son só unhas corenta fotos as que saquei en Barcelona, a maioría dos alumnos que foron, tanto en conxunto como por separado. A pesares de que non son moi bo fotógrafo seguro que hai algunha que vos interesa.
Se queredes vir recollelas, deixeille a Emilia, a directora, un CD con elas. Emilia vai estar aquí ao [...]

A Canción da Semana: WINDS OF CHANGE

Posted: xoves, maio 29th, 2008 @ 2:17 pm in Sen clasificar | No Comments »

Esta semana, dando voltas e voltas pola internet, descubrimos un blogue de Xeografía e Historia que nos gusta máis que o noso: o Blog de Xosé Antón. Por iso o deixo enlazado onde os blogues amigos.
Na súa última entrada, Xosé Antón falaba da caída do comunismo na Unión Soviética contra 1991, e citaba unha canción, [...]

O por que do título

Posted: luns, novembro 19th, 2007 @ 4:18 pm in Sen clasificar | 2 Comments »

Na Europa da Idade Media, que tiña moi pouco coñecemento da xeografía do noso planeta, críase que nalgún lugar remoto de Asia ou África existía un reino cristián inmesamente rico, o reino do Preste Xoán, aillado entre reinos doutras relixións que o asediaban constantemente.
Se queres saber máis interesarache esta dirección da wikipedia: http://es.wikipedia.org/wiki/Preste_Juan
 O que hai de [...]