Enlaces sobre novela histórica
Estas semanas andamos coa teima das novelas históricas, unha maneira moi entretida de aprender historia. Non só nos, senón parece que o mundo dos libros virou tolo polas novelas históricas, non hai máis que ver o éxito que teñen títulos como La Catedral del Mar ou a reedición d’Os Piares da Terra, o grande éxito sobre o medievo de Ken Follet.
Nos fixemos unha rápida pescuda pola web, a ver que enlaces sobre novela histórica atopábamos que fosen interesantes para os nosos estudantes. Velaí:
1. Os espartanos. Este blogue está en portugués (coido que non haberá dificultades en entendelo). Desenvolve por entregas unha novela histórica sobre catro rapaces que inician a súa educación militar en Esparta, unha cidade da Grecia Antiga, que, como sabedes, sometía a unha durísima disciplina aos seus soldados. Aliás, se buceades ben pola rede, veredes cousas moi interesantes sobre a vida en Esparta.
2. Títulos de novela histórica (Colección do xornal El País). El País seleccionou en 2007 os mellores títulos de novela histórica e entregounos co xornal. A lista pode servirvos para coñecer algúns bos libros de novela histórica.
3. Novidades de novela histórica. A páxina HISLIBRIS (libros de historia, libros con historia) ten novidades sobre novela histórica.
Moi boa lectura a todas e todos.