O por que do título
Na Europa da Idade Media, que tiña moi pouco coñecemento da xeografía do noso planeta, críase que nalgún lugar remoto de Asia ou África existía un reino cristián inmesamente rico, o reino do Preste Xoán, aillado entre reinos doutras relixións que o asediaban constantemente.
Se queres saber máis interesarache esta dirección da wikipedia: http://es.wikipedia.org/wiki/Preste_Juan
O que hai de lenda no reino do Preste Xoán non o sabemos ben (parece ser que efectivamente existíu polo século XII ou XIII un reino cristián en Asia Central); sexa como fose, o reino do Preste Xoán é unha boa metáfora para algo misterioso, sobre o que ninguén se pon de acordo e que, en calquera caso, garda algo que é dun altísimo valor, como a historia.